O concello de Santa Comba nega que Euro Battery poida abrir unha explotación mineira en Castriz

0

Santa Comba, 15 de outubro do 2020 – O alcalde de Santa Comba di que é totalmente falso que Euro Battery teña permisos para abrir de inmediato unha explotación mineira en Castriz.

David Barbeira engade que o concello de Santa Comba non ten ningún tipo de constancia oficial de solicitudes de permisos de investigación sobre calquera tipo de minerais nos espazos que difunde a compañía sueca.

Barbeira reuniuse co Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación, Isidoro Martínez Arca, solicitando un exhaustivo informe por parte Xunta de Galicia sobre a situación do denominado proxecto Corcel. O rexedor solicitou que, de ser o caso de que a compañía infrinxira ás leis, se depuren responsabilidades e se paralicen estes movementos especulativos.

O concello de Santa Comba nega que Euro Battery poida abrir unha explotación mineira en Castriz

Brañas da Serra

Na xuntanza o alcalde trasladoulle a preocupación diante da alarma xerada e constatando que Euro Battery segue “vendendo” a potenciais inversores un produto en forma de investigacións e explotación que pode atentar contra a normativa. Martínez Arca compartiu esta preocupación por parte do seu Departamento e ofreceuse a colaborar, documentar e amparar por escrito ao Concello de Santa Comba para poder actuar contra este “Proxecto Corcel”, que ademais pode prexudicar a realidade de proxectos serios de minería sostible que se están a levar a cabo en Galicia, e dos que hai claros exemplos en comarcas próximas  á Terra do Xallas.

David Barbeira explica que “Desde o Concello de Santa queremos salientar que non se ten recibido nin rexistrado ningunha solicitude por parte desta compañía, nin para investigar, nin moito menos para explotar nada, en Castriz nin en ningún outro territorio xalleiro; polo que solicitamos axuda á Xunta de Galicia para que aclare, e de ser o caso, nos respalde para evitar ilegalidades en procesos mineiros que poidan carecer de permisos e perxudiquen á poboación e territorio xalleiro, e tamén a iniciativas do mesmo ámbito pero que estean dentro da legalidade vixente, e que conten con todo tipo de permisos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial