Santiago centro prepara a volta ao cole

0

Compostela, 6 de setembro do 2021 – Os comercios de Santiago Centro traballan estes días na volta ao cole para ofrecer todo o necesario aos seus clientes.

Son cerca de un cento de establecementos os que conforman Santiago Centro Área Comercial. Esa diversidade de negocios garante que os pais poderán atopar todo o necesario para o reencontro coa actividade educativa dos fillos.

Santiago Centro segue ofrecendo servizos adicionais como o parking gratuíto nos aparcadoiros da zona nova. Na actualidade, medio cento de establecementos están adheridos ao programa de aparcadoiro gratuíto de Santiago Centro, a través do cal subministran tickets de aparcamento prepagados aos clientes. Estes negocios están identificados na súa porta co distintivo azul alusivo á campaña.

Na oferta están algúns dos comercios máis significados da cidade nos sectores da libraría e a papelaría; o equipamento deportivo; a roupa e o calzado para nenos e nenas; os xoguetes; a tecnoloxía, ou os centros para a aprendizaxe de idiomas.

Entre as ofertas ás que os clientes se poden acoller atópanse descontos, bonificacións para o comezo do curso en ximnasios e centros de ensino de idiomas ou campañas para reducir o uso de plásticos na actividade educativa, contribuíndo a unha contorna máis sostible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial