Segue a liorta en torno as axudas do GDR Ulla Tambre Mandeo

0

Bisbarra, 4 de agosto do 2021 – Tras os comunicados de Adiante Melide e a Agrupación Socialista de Melide sobre as axudas do GDR, o Partido Popular responde cun comunicado asinado pola voceira, Dalia García, protagonista directa das críticas.

Dalia García, voceira do PP

García comeza dicindo que non exerce ningún cargo retribuído de ningunha administración pública. Recoñece o seu posto de secretaria do GDR facendo fincapé en que tampouco está remunerado.

Dalia García destaca que todo o que ten que ver coa axuda é un cuestión persoal que non ten que ver coa súa faceta pública. Engade que o representante do concello de Melide votou a favor da axuda o que se contradice coa postura de Adiante Melide e Psoe. Considera que “Dubidar da valía obxectiva e técnica do propio GDR é un erro que vai en contra do propio órgano que tanto ten beneficiado a todo o territorio ao longo das súas case 3 décadas de existencia”.

Sobre a solicitude de subvención a voceira popular explica que se fixo “en base a unha convocatoria pública publicada no DOG que a súa vez se basea nun barómetro público avaliado polo equipo técnico do GDR, ao igual que todos e cada un dos proxectos presentados en cada convocatoria tanto por iniciativa pública como por iniciativa privada”.

Dalica García empraza aos partidos a ir ao xulgado se o consideran necesario  “Non vou a permitir que ninguén mercadee coa miña vida privada; se os responsables municipais pensan que hai algo que non se axusta a dereito nesta solicitude -que non concesión de subvención- deben actuar inmediatamente en instancias xudiciais; pola contra, serei eu quen actue cando se verten inxurias e rumores sobre a miña persoa que non se axustan a realidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial