Seguen as protestas pola falta de pediatra en Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 22 de novembro do 2021 – O BNG de Vila de Cruces denuncia que segue sen repoñerse o servizo de pediatría e adiante que seguirán tomando medidas de presión.

Centro de saúde de Vila de Cruces

Os nacionalistas lembran que, según a versión do goberno municipal, o 9 de outubro o tenente de alcalde, Julio López, mantivo unha conversa telefónica coa xerente da área sanitaria, Eloina Núñez. Según trasladaron, conseguiuse un compromiso de que o pediatra volvería a consultar o 15 de novembro, algo que non sucedeu.

O BNG ten levado ao Parlamento sinaturas veciñais pedindo a volta do pediatra. Critican tamén que o goberno municipal “xa deixou marchar as urxencias de Vila de Cruces polo que a súa palabra non é garantía de nada”.

O Voceiro do BNG de Vila de Cruces, Alex Fiuza anuncia seguir coas medidas de presión, colocación de pancartas e mobilización social e política para acadar o obxectivo do restablecemento do servizo pediátrico, “os servizos que os Gobernos de PP e agora Xuntos, deixan marchar nunca máis se recuperan, provocando que outros concellos medren mentres as nosas veciñas e veciños de Vila de Cruces están cada vez máis desatendidos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial