Seguen os movementos da banca no rural

0

Bisbarra, 22 de setembro do 2021 – Seguen os movementos da banca no rural e agora é o Sabadell o que pecha a súa oficina no concello do Pino.

A concelleira socialista, Inka Lareo, instaba ao goberno municipal a actuar de maneira inmediata. Lareo fala de “realidade blasfémica” para definir o que sucede no sector da banca no rural galego, “o peche continuado de oficinas bancarias no rural é un autentico ataque aos nosos maiores, os cales merecen o noso especial respecto e consideración”.

O Sabadell anunciou o peche para o 14 de outubro, A entidade ven de convocar unha mesa de negociación dun ERE. A CIG oponse e lembra que se trata dunha entidade con beneficios “Non nos cansaremos de dicilo. É indecente e inmoral que unha empresa con beneficios pretenda facer 1.936 despedimentos, habendo outras alternativas non lesivas para o seu persoal. E así llo trasladamos ao banco, pero non queren escoitar”.

Para mañá están convocada unha protesta conxunta de toda Galicia diante na oficina do Sabadell en Xeneral Pardiñas, Compostela, entre as 11 e as12. Posteriormente CIG Banca convoca tamén unha protesta, 12:30, diante da Xunta de Galicia en contra da subvención de caixeiros automáticos.

Abriran outras oficinas no rural?

Ao mesmo tempo que todo isto sucede o concello da Baña busca banca que queira abrir no concello. Despois dunha toma de contacto co Banco Santander, remitiulles tamén cadansúa carta á Caixa Rural Galega, ao BBVA e a CaixaBank solicitándolles que se instalen na Baña.

Nas cartas, asinadas polo alcalde, José Antonio Pereira, recórdaselles ás tres entidades financeiras que a marcha de Abanca deixou A Baña sen servizos bancarios.

As cartas recollen tamén o compromiso do Concello da Baña de trasladar á entidade que abra sucursal todas as contas bancarias de titularidade municipal, “nas que se ingresan as transferencias estatais, autonómicas e locais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial