Según Toysal a pista da canteira da Casalonga é privada

0

Teo, 2 de decembro do 2020 – Nun comunicado emitido esta mañá a empresa Toysal asegura que, según Medio Rural, os camiños existentes antes da concentración parcelaria de 2012 seguen sendo titularidade dos antigos propietarios.

Toysal explica que hai un ano pediu unha aclaración ao respecto á Consellería de Medio Rural e na resposta dise literalmente que “os camiños e estradas existentes antes do proceso de concentración seguen sendo dos antigos propietarios”. A empresa engade que esa parcela é de titularidade privada dende unha permuta de terreos aprobada en pleno pola Deputación Coruña no ano 2006.

Un camiño público según o concello

Desde o concello non se duda da titularidade da vía. O alcalde Rafa Sisto explica que Toysal se contradice xa que o é privado, e hai que expropialo, o é público e entón tampouco e deles

O rexedor engade que non se pode iniciar un procedemento de expropiación en base a un documento privado e agarda que paralicen o procedemento

Reiniciar a actividade

Na nota de prensa Toysal se reafirma na intención de retomar a actividade extractiva da canteira. Según a empresa a expropiación da estrada xustifícase na necesidade de garantir a seguridade.

A empresa defende que a reactivación da canteira é o único proxecto que mantén para esta zona, sen ningunha relación con calquera iniciativa ligada ao tratamento ou reutilización de residuos, “unha realidade coñecida dende hai tempo polo Concello de Teo”.

O alcalde, Rafa Sisto, di que a canteira explotouse durante corenta anos cunha estrada provincial pasando polo medio e que para reiniciar a actividade non precisan expropiar a estrada

A empresa remata reiterando “a súa total disposición a dar total acceso a calquera interesado á información relacionada co seu proxecto para que poida constatar as súas características á marxe de mensaxes ou intereses políticos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial