Segunda edición do proxecto Ilustradas

0

Bisbarra, 24 de febreiro do 2021 – O 8 de marzo remata o prazo para presentarse á segunda edición do proxecto Ilustradas que ten como obxectivo a educación en igualdade.

En Ilustradas participan máis de 300 alumnos de 9 centros educativos. Conta con 4 entidades colaboradoras e 4 patrocinios e comercios de arte e deseño e está apoiado polo programa de axudas da Deputación da Coruña.

A iniciativa concretarase na edición do II Catálogo provincial. Del formarán parte as ilustracións de destacadas mulleres galegas, en moitos casos descoñecidas, que non tiveron o recoñecemento que merecían. O proxecto integra a aprendizaxe técnica e a posta en valor de mulleres sobre as que investigar para coñecer e recoñecer o seu legado.

Artes plásticas

Os 300 participantes pertencen aos centros educativos da provincia da Coruña relacionados coas artes plásticas e a ilustración. O IES Plurilingüe Adormideras, IES Salvador de Madariaga, EASD Pablo Picasso, IES de Sar, IES Antonio Fraguas, IES Concepción Arenal, IES Carballo Calero e IES Praia de Barraña e o CIFP Compostela.

O prazo do concurso remata o 8 de marzo, data na que se elixirán as seis ilustracións premiadas entre todas as obras presentadas.

En esta segunda edición participan como colaboradores  o Centro De Documentación En Igualdade E Feminismos, dependente do Consello da Cultura Galega. FADEMUR Galicia, organización sen ánimo de lucro, que loita pola visibilización do papel das mulleres no medio rural. AECO, entidade sen fin de lucro que ten carácter multisectorial e representa a moitas profesionais e emprendedoras de sectores nos que, ata non hai moitos anos, as mulleres tiñan escasa presenza. Dignidad Galicia, que traballa principalmente con persoas (crianzas, mulleres, persoas maiores) e familias en risco de exclusión social e loita para que poidan vivir nunhas condicións dignas e mellorar as súa realidade e benestar en todos os ámbitos das súa vida.

A finais de abril está prevista tanto a entrega de premios como a presentación do II Catálogo Ilustradas. Terá lugar nun acto que se está a organizar en colaboración tanto cos centros educativos participantes, como coas Áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

Durante o acto farase tamén entrega de catro premios patrocinados, achega dos establecementos locais especializados en artes plásticas colaboradores no proxecto: Jaspe Art (A Coruña), Distrito Arte (A Coruña), A vella fábrica de lápis (Ferrol) e Altaira (Santiago de Compostela).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial