Aprobada a segunda fase de arranxo da estrada Negreira a Pontenafonso

0

Negreira, 23 de novembro do 2020 – A Deputación da Coruña investirá 1.440.826,74 euros na ampliación e mellora dun segundo tramo da estrada provincial DP-5602 de Negreira a Pontenafonso.

As obras foron aprobadas na comisión de Vías e Obras da Deutación da Coruña e serán refrendadas definitivamente polo pleno provincial o próximo venres. O presidente da Deputación, Valentín González, destacou que se trata dun dos investimentos máis importantes programados este ano pola área de Vías de Obras da institución provincial.

A obra dará continuidade  ao ensanche e mellora do trazado realizado no seu día nos primeiros seis quilómetros da estrada e que supuxeron unha notable mellora da seguridade. Nesta segunda fase ampliarase a plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vai dende o PK 6+105 ao 8+630, preto da ponte Barbazán, dotando ao vial dunha calzada de 7 metros de ancho e arcéns de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

Mellora da seguridade peonil na DP 7901 en Santiso

A Comisión de Vías e Obras aprobou tamén un investimento de 239.216,66 euros para as obras de mellora da seguridade da DP 7901 en Santiso.

As obras executaranse no tramo que discorre desde o inicio do vial ata o punto quilométrico 1+600, entre os núcleos de Chorén e A Cruz, onde hai varias casas illadas e a presenza de contenedores de lixo reduce a visibilidade dos conductores e provoca que os peóns teñan que invadir a calzada para salvar o obstáculo.

Para evitalo, executarase unha senda transitable de formigón cun ancho que oscilará entre 1 e 1,5 metros e habilitarase una superficie para os contenedores de lixo empregando o mesmo pavimento da senda e aproveitando o espazo existente entre esta e o peche dunha parcela.

Os traballos contemplan a reposición da traída de auga e canalización soterrado do alumeado público. Non afectarán o cruceiro existente na zona, xa que desenvolveranse na marxe oposta da calzada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial