Resumo da segunda parte do Outono Codax Festival 2016 (vídeo + imaxes)

0

Martha High meteuse a unha sala Capitol repleta no peto, unha das grandes divas da música soul e un concerto para lembrar durante anos.

Santiago, 6 de novembro do 2016 – os días 28 e 29 de outubro tivo lugar a segunda e terceira xornada do Outono Codax Festival 2016. A aposta por dividir os condertos en dous días e incorporar unha sala de pequeno formato como a Riquela está dando bos resultados e duplicando a diversión.

O venres comezaba ademáis cunha das actividades complementarias, a inauguración dunha instalación do fotógrafo Antonio Alay. O artista leva desde o 2016 traballando nun proxecto que recolle imaxes da esfera rockabilly nacional. O exposto na Fundación Granell é en realidade unha maqueta do que podería ser unha futura exposición máis ampla. O acto rematou cun pequeno concerto acústico de Mad Martin na terraza da Fundación.

A noite foi para os asturianos Trashtornados que deron un dos concertos máis intensos dos celebrados ata o momento na nova sala Riquela. Rock sin concesións, diversión desde o minuto un e un publico completamente entregado como se pode ver no vídeo que tes no pe de páxina.

O sábado o Outono retornaba a base, a Sala Capitol. Abrian a noite os sicilianos Virginia Brown and the Shameless. Unha formación divertida, estilo anos 50, disposta a pasalo ben en cada canción e a facer saltar o público durante todo o concerto.

Pero a capitol estaba chea para Martha High, unha diva da música que gañose a pulso o respecto e a colaboración na súa carreira de xente como James Brown ou Maceo Parker. Martha estivo acompañada por unha das mellores bandas de soul de España e probabemente de Europa, The Tighten Ups dirixidos por Julian Maeso son un conxunto sólido, un engranaxe poderosisimo que non fala en ningún momento e que e o acompañamento perfecto para alguén como Martha.

A seguinte cita os próximos 11 e 12 de novembro. con Andrea and The Black cat, Luke Winslow-King e The Pretty Things.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial