Segunda xornada do Outono Códax co londinense Izo Fitzroy

0

Compostela, 19 de novembro do 2021 – A londinense Izo Fitzroy protagonista da segunda xornada do Outono Códax, soul e gospel son as súas sinais de identidade.

Izo Fitzroy ten sido considerada polos medios especializados como «a voz máis destacada do soul contemporáneo». Chega ao Outono cunha formación de sete músicos, entre eles tres coristas. Previo ao concerto de Izo Fitzroy actuará Martins Aneiros Band, a banda de blues que formaron á cantante Paula Martíns e o guitarrista Víctor Aneiros

Crueza, interpretacións dinámicas, e honestidade compositiva. Estas son as cualidades da cantante de blues Izo FitzRoy, que chega ao Outono Códax para presentar o seu segundo álbum «How The Mighty Fall», un disco producido por Colin Elliott (Richard Hawley, Paul Weller, The Lighthouse Family…), no que conta tamén coa participación da sección de metais máis solicitada del Reino Unido, The Haggis Horns. Un disco, en definitiva, que a reafirma como a voz europea máis destacada do soul conteporáneo.

 

Nada e criada en Londres, a música de Izo Fitzroy está influenciada polo poder das lendas femininas do blues como Janis Joplin, xunto á lírica sincera dun soulmen como Bill Withers, fusionado coas súas raíces góspel. As súas cancións están feitas para o directo, con letras sinceras e convincentes sobre unha base melódica que pon en escena acompañada de 7 músicos, entre os que figuran 3 coristas de acompañamento, unha formación máis achegada ao góspel que ao soul.

Judit Hill na primeira xornada no Auditorio de Galicia Imaxe: Loli Fernández

Izo Fitzroy fincouse durante un tempo en Nova Orleans. Alí dedicouse a compoñer e gravar o seu disco de debut, “Skyline”, un álbum repleto de góspel, cálido blues e vintage groove funky que foi publicado en febreiro de 2017 baixo a produción do peso pesado Dr. Rubberfunk.

Xusto cando xa estaba preparando o seu lanzamento e as xiras internacionais, Izo Fitzroy perdeu a súa voz. Foi necesaria unha cirurxía nas súas cordas vocais e un longo programa de rehabilitación vocal para que chegase, primeiro a poder falar, e logo a cantar coa garantía suficiente para volver ao traballo. Afortunadamente repúxose e non só iso, senón que despois da recuperación, gañou unha oitava na parte superior do seu rango vocal.

Martins Aneiros Band 

O concerto de Izo Fitzroy estará precedido pola actuación de Martins Aneiros Bands, unha formación que nace da unión do guitarrista Víctor Aneiros (Ferrol, 1960), cunha longa traxectoria e oito discos editados, e a que fose cantante da Big Bottom Band, Paula Martins, para crear Martins Aneiros Band. Xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, esta emerxente formación ofrece un repertorio que conxuga temas propios do guitarrista, que agora podemos escoitar con aire renovado na voz de Martins, así como clásicos do blues, rock e soul.

Outro momento da actuación de Judit Hill na primeira xornada no Auditorio de Galicia Imaxe: Loli Fernández

A traxectoria de Víctor Aneiros levouno a percorrer escenarios de multitude de festivais tanto dentro como fóra de España, entre os que destacan citas como o Festival de Jazz de Montreux, Festival de Jazz de San Javier, Festival de blues de Cerdanyola ou o Festival de blues de Getxo. No verán de 2019 Paula Martins participou como convidada nos concertos que Víctor Aneiros ofreceu nos festivais Fisterra Blues Experience e Discalzos polo Festival. Foi aí onde xurdiu o xérmolo do que rematou por se converter en Martins Aneiros Band.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial