O selado do vertedoiro de Aríns depende da aprobación dos orzamentos

0

Compostela, 9 de marzo do 2021 – O selado do vertedoiro de Aríns da un paso adiante coa aprobación do proxecto pola Xunta de Goberno de Compostela.

O denominado “Proxecto de adecuación, selado e clausura do vertedoiro de Aríns” ten asignada unha partida de 1.174.591,42 euros nos orzamentos do 2021 polo que terá que esperar a que sexan aprobados. A partir da licitación o prazo de execución é de 9 semanas.

Unha antiga mina

O vertedoiro da parroquia de Aríns  atópase en terreos municipais, no emprazamento da antiga mina de Fornás, da compañía Río Tinto, a uns 100 metros ao sur da aldea do mesmo nome. A superficie coas áreas anexas é de 2,87 hectáreas. O obxectivo principal do selado é subsanar os riscos e efectos ambientais negativos producidos como consecuencia da antiga actividade tal e como explicaba o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que lembraba o roubo no 2011 da vella depuradora da explotación

Os criterios de actuación son os seguintes: illamento dos residuos acumulados; creación de capas de selado de maior estabilidade temporal mediante taludes con pendentes adecuadas e bermas intermedias; control de augas superficiais para minimizar escorrentías ou fluxos descontrolados; control de calidade das augas subterráneas para evitar afeccións; facilidade de acceso; recuperación de calidade paisaxística e minimización dos posibles impactos ambientais.

A aprobación dos traballos de selado e clausura está suxeita ás seguintes condicións: deberá achegarse cartografía da obra executada á súa finalización, a partires das bases municipais que deberán solicitarse e coordinarse co dito departamento; e o Concello deberá levar a cabo todos os controis e frecuencias sinalados e os parámetros para analizar os lixiviados e augas superficiais.

O vertedoiro considerarase oficialmente clausurado despois de que a autoridade competente realice unha inspección “in situ” tralo remate das obras, debendo presentar certificado de fin de obra asinado polo técnico competente así como informe final de garantía de control de calidade dos xeosintéticos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial