Silleda, 10 de maio do 2018 – O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, participou na localidade lucense de Quiroga na I Asamblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, celebrada na Casa da Cultura da citada localidade.
En esta reunión acordouse a incorporación do municipio de Silleda a esta entidade. O rexedor avanza que no vindeiro pleno ordinario se adoptará o acordo para que Silleda pase a formar parte da asociación do Camiño de inverno.
Na xuntanza ademais da aprobación da acta da asamblea constituínte, tamén se abordaron cuestións coma a organización da peregrinación nipona, un avance do plan de dinamización, e outras cuestións da entidade.