займ срочно

Silleda avanza no novo PXOM

0

Silleda, 25 de abril do 2022 – O Concello de Silleda continúa traballando de cara a aprobación do Plan Xeral, PXOM, para o municipio e ven de manter conversas coa Xunta de Galicia.

O alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de Urbanismo, Paula Fernández e o técnico redactor do novo PXOM, participaron en senllas reunións en Augas de Galicia e na Dirección Xeral de Urbanismo, para realizar os últimos axustes no planeamento.

“Agardamos que nos vindeiros meses o documento poida ser aprobado definitivamente”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando a importancia do PXOM para toda a veciñanza.

Así mesmo, Cuiña agradece a dispoñibilidade  e a coordinación amosada tanto dende Augas de Galicia como a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que dirixe Encarnación Rivas.

O PXOM de Silleda aprobouse inicialmente no ano 2012 e de xeito provisional no Pleno da Corporación en marzo de 2016. Pouco despois, unha sentenza do Tribunal Supremo que anulou os planeamentos de localidades como Verín e Monterrei, por non garantir a reserva de recursos hídricos, obrigou a reformular o documento, incluindo a necesaria legalización das traídas municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies