Silleda consegue o apoio da mesa de persoal para o proxecto de orzamentos

0

Silleda, 16 de xaneiro do 2017.  Celebrouse a sesión extraordinaria da Mesa de Persoal do Concello de Silleda, órgano no que están representados os traballadores municipais a través do Comité de Empresa e os sindicatos.

Acudiron á xuntanza representantes de CCOO, CIG e CSIF ademais dos membros do comité de empresa, nunha sesión na que o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Ana Luisa González, expuxeron as principais liñas que se recollerán no orzamento para 2017 dentro do Capítulo 1, de Persoal.

A proposta foi aprobada por unanimidade.

Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que todo os membros do executivo están a avanzar na elaboración dos orzamentos dos respectivos departamentos para este exercicio, “coa firme intención de levalos a pleno en canto sexa posible”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial