Silleda destinará axudas a deportistas individuais federados

0

Silleda, 27 de xullo do 2021 –  O goberno municipal de Silleda levará ao pleno as Bases das Subvencións a Deportistas Individuais Federados/as do Concello para a tempada 2021/2022.

O Goberno Municipal xa explicitou a intención de asignar axudas aos deportistas individuais cando outorgou as dos Clubs Federados. Con esta intención ampliouse nos orzamentos a cantidade destinada a este tipo de subvencións.

Dende o goberno municipal explícase que nos últimos anos se vén constatando un notable aumento de veciños e veciñas que están a destacar en diferentes disciplinas.

As axudas están destinadas á práctica deportiva de xeito individual ou por parellas, cunha dotación económica de 3.000 euros. Poderán optar deportistas federados/as que estén empadroadas no Concello de Silleda con anterioridade á aprobación das bases, que conten ca licencia vixente expedida pola correspondente federación e que participen en competicións oficiais a nivel autonómico e nacional.

As persoas aspirantes deberán de presentar entre outra documentación un proxecto deportivo para a vindeira tempada. Os criterios para a concesión rexeranse polos certificados da correspondente federación, valorando o nivel de competición, historial deportivo, convocatorias con seleccións, categoría dos deportistas (primando as previas á absoluta) e puntuarán tamén as licenzas femininas e de deporte adaptado.

O importe máximo por cada axuda será de 1.000 euros. Serán gastos subvencionables a adquisión de material deportivo, gastos de desprazamento para participar en competicións, pago de adestradores… e os relacionados ca práctica deportiva.

A comisión de valoración das axudas elaborará un informe por cada unha das solicitudes presentadas, elevando as propostas á Xunta de Goberno Local. O prazo para solicitar estas axudas abrirase no momento en que se publique a correspondente convocatoria.

“Con estas bases, que se elaboran por primeira vez no Concello de Silleda, buscamos apoiar ás persoas deportistas que a nivel individual están competindo en circuitos oficiais a nivel tanto galego coma nacional”, indica a concelleira de Deportes Mónica González.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial