Silleda máis cerca de evitar a construción dunha gasolineira no Barrio do Campo

0

Silleda, 18 de febreiro do 2021 – Silleda vén de recibir confirmación de que non procede a declaración de incidencia ambiental para o proxecto de gasolineira no Barrio do Campo.

A comunicación chega desde a Consellería de Medio Ambiente e pon freo ás aspiracións da firma Plenoil de instalar unha gasolineira de autoservicio en Silleda.

Unidade de concello e veciñanza

O alcalde, Manuel Cuíña, informou da decisión da Consellería a representantes veciñais que, como o concello, presentaran alegacións ao proxecto. Segundo recolle a resolución, non procede a declaración deste trámite de incidencia ambiental en base ao informe de data 14 de xaneiro de 2021 asinado polo arquitecto municipal, no que se advirte que o uso solicitado non é compatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda.

O alcalde engade que “Aínda que contra esta resolución cabe recurso, é unha primeira batalla ganada contra una instalación para a que sempre dixemos, ao igual que a veciñanza da zona, que non estábamos dacordo ca ubicación proposta”.

O Concello de Silleda, ao igual que moitos veciños da zona, presentou ademais deste informe unha alegación o pasado mes de xaneiro, centrándose  en cuestións relacionadas coa afección ambiental nunha zona onde existen humidaís ou mananciais. Así mesmo tamén se considerará o feito  da existencia dunha  estación de servizo moi preto da ubicación proposta.

O modelo de autoservicio, sen persoal que atenda, tamén apunta cara a unha diminución da seguridade nunha actividade que require atención constante polo tipo de produtos que se subministran.

O alcalde indica que  “Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas e preto doutra estación de servizo. A postura deste goberno municipal é clara e contundente: trataremos de evitar con todos os recursos legais posibles que a gasolinera se ubique nesa parcela”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial