Silleda inicia a segunda fase da Rede de Calor con Biomasa

0

Silleda, 19 de novembro do 2020 –   Silleda vén de aprobar en  Xunta de Goberno Local o inicio dos trámites para a segunda fase da Rede de Calor con Biomasa.

Hai xa uns meses que Silleda recibiu a comunicación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da concesión dunha subvención por importe de 156.565,32 euros, o importe total solicitado, para acometer a segunda fase da Rede de Calor con Biomasa.

Na última sesión da Xunta de Goberno Local aprobouse o proxecto e os pregos para a contratación desta ampliación, que chegará ata a rúa Progreso, á altura da actual Casa da Cultura.  O custe total da iniciativa, sumando a aportación do propio concello, terá unha inversión total que rodará os 200.000 euros.

Caldera de biomasa

imaxe de arquivo dunha das caldeiras de biomasa de Silleda

A axuda do Ministerio concedeuse pola liña de proxectos singulares a entidades locais que favorezan o paso dunha economía baixa en carbono, no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 e a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE).

O alcalde, Manuel Cuíña, explica que “É unha boa nova para todos os veciños e veciñas de Silleda” e engade que a Rede de Calor con Biomasa “demostrou non só ser unha instalación rendible senón que se converteu nun referente a nivel do Estado”.

Unha realidade consolidada

A día de hoxe a Rede de Calor, que ten as súas instalacións nunha parcela municipal, abastece de calefacción e auga quente sanitaria a 5 instalacións: a Escola Infantil A Galiña Azul, o pavillón deportivo César G. Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a Residencia e Centro de Día dos Maiores e tamén ao Hotel Vía Argentum.

Na primeira fase, que se estrenou en outubro de 2018,  construíuse a planta de produción de calor, así como as subestacións e unha rede de tubaxe de máis dun kilómetro de lonxitude.

Con este novo proxecto a rede amplíase para dar servizo a actual Casa da Cultura, na rúa Progreso, onde se trasladará a Casa Consistorial. A rede existente ampliarase noutros 800 metros ademais de instalar no edificio unha subestación de 127,5 kw de potencia máxima. Con esta actuación reduciranse as emisións en 7,68 toneladas de CO2.

“Nun futuro, segundo se vaia ampliando a rede, os veciños e comunidades que o desexen tamén poderán conectarse a esta instalación nas zonas polas que se vaia estendendo”, indica o alcalde.

Premio Galicia de Enerxía ao mellor proxecto de enerxías renovables

En 2018 a rede de Silleda foi unha das protagonistas da VI Noite de Enerxía, a gala de entrega dos premios outorgados pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, ao recibir a Rede de Calor o premio Galicia ao mellor proxecto de enerxías renovables con esta instalación pioneira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial