Silleda inviste máis de douscentos mil euros en varios viais do concello

0

Silleda, 6 de maio do 2021 – O Concello de Silleda iniciou os traballos de reforma e mellora de viais en distintos puntos do municipio, uns traballos que contan cun investimento de 219.150 euros.

O proxecto de mellora de viais de Silleda realizase con cargo ao Plan Concellos. os traballos foroni adxudicados definitivamente a pasada semana en Xunta de Goberno Local.

Imaxe de arquivo

As primeiras accións serán a limpeza e perfilado das cunetas nos 7 viais de incluídos dentro deste paquete de obras: Camiño do Foxo (próximo á vila de  Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclue outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-Medelo e en A Moa.

Tratase de viais que polo seu deterioro xa non admitían posibilidades de bacheo e que precisan un arranxo máis en profundidade, a maioría delas con aglomerado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial