Silleda revisa a situación laboral do Servizo de Axuda no Fogar

0

Silleda, 3 de xaneiro do 2022 – Silleda ven mantendo reunións cos representantes sindicais dos trraballadores do Servizo de Axuda no Fogar para coñecer a súa situación na actualidade.

O SAF, Servizo de Axuda no Fogar, de Silleda denunciara impagos das nóminas por parte da concesionaria. Esta denuncia foi a que levou ao alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño, a reunirse cas delegadas das traballadoras e co secretario comarcal da CIG, Antón Álvarez Merayo.

Dende o goberno municipal Manuel Cuiña explicou que os servizos técnicos xa están a estudar distintas cuestións e que se analizará toda a documentación que presente o personal para atopar unha solución . Tamén informou de todos os pasos dados polo Concello de Silleda dende que se coñeceron os embargos á empresa por parte da Seguridade Social.

“Dende o Concello de Silleda faremos todo o que esté nas nosas mans para poder pagar todos aqueles impagos que sexan certificados”, indica o rexedor.

O encontro foi solicitado días atrás pola CIG e as representantes das traballadoras. Nos vindeiros días, unha vez que se analice a documentación aportada,  convocaráse un novo encontro para seguir avanzando no proceso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies