Silleda lamenta o pasamento de Elena Colmeiro

0

Silleda, 1 de marzo do 2021 – O concello de Silleda informou este domingo do pasamento da artista Elena Colmeiro, recoñecida ceramista e filla do pintor, tamén silledense, Manuel Colmeiro.

A artista nacera en 1932 en Costela, na parroquia de Margaride. Elena Colmeiro colaborou en distintas iniciativas a nivel municipal, algunhas delas vinculadas ao instituto que lava o nome do seu pai.

Elena Colmeiro, imaxe Consello da Cultura Galega

Recoñecida ceramista, Elena era a gran vixía do legado do seu pai, o artista máis internacional que deu Silleda, Manuel Colmeiro Guimaráns. Dende o Concello, e en nome de toda a veciñanza o alcalde, Manuel Cuiña, lamenta o falecemento da artista, que finou aos 89 anos no seu domicilio de Madrid “É sen dúbida unha gran perda para Silleda, onde tiñamos  pendente de organizar unha exposición das súas obras”.

Elena Colmeiro, que a finais de 2019 foi nomeada intregante da Real Academia Galega de Belas Artes, significouse, coma o seu pai, pola seu carácter vangardista, abandonado a figuración nas súas creación a finais dos 50, logo do seu regreso dende Bos Aires, cidade á que familia marchou exiliada trala Guerra Civil.

“Sempre tivo presente a  Silleda e a súa Costela natal”, engade Cuiña, lembrando que a autora colaborou con diversas iniciativas e foi ademais unha gran impulsora da creación do instituto público de ensino secundario que leva o nome de Manuel Colmeiro.

 “Silleda está en deuda con Elena Colmeiro”, engade Manuel Cuiña, que avanza que se plantexará, sempre de acordo ca familia, a realización dun recoñecemento póstumo á autora en colaboración ca comunidade educativa do IES, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial