Silleda pedirá a colaboración da veciñanza para desenvolver o plan contra a seca

0

Silleda, 10 de novembro do 2021 – O concello de Silleda pedirá á veciñanza a súa colaboración no plan de emerxencia ante a situación de Seca que está a elaborar.

O concello ven de ser adxudicatario dunha axuda, dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de 13.842,40 euros para a redacción de dito proxecto. Unha subvención solicitada polo departamento municipal de Medio Ambiente co fin de proceder á redacción do documento.

A través deste documento, as entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á pequenas e medianas poboacións, contarán cun instrumento básico de  planificación para xestionar os posibles episodios de seca. O obxectivo é mellorar o sistema de abastecemento, fronte ás secas nun contexto de cambio climático. A colaboración da cidadanía para o deseño é outra das premisas de estes documentos.

Para abrir o proceso á participación da veciñanza, estase a realizar unha enquisa á poboación, a fin de coñecer a percepción que a veciñanza de Silleda ten sobre a seca. Ademais do envío de correos a negocios e empresas, tamén se colgará na web municipal un banner onde os veciños e veciñas poderán participar na enquisa cidadá. A concelleira de medio ambiente, Pili Peón, explica que

“Agardamos que a veciñanza colabore para conseguir mellorar a calidade da auga e paliar os efectos adversos das secas nos sistemas de abastecemento”.

Os Plans municipais de emerxencia ante situacións de seca son un instrumento básico para a xestión destes episodios a nivel de concello.  Definen os protocolos de actuación no ámbito local, establecen as medidas necesarias para garantir o subministro de auga á poboación en caso de seca e fomentan o emprego eficiente dos recursos hídricos.

“O Concello de Silleda, aínda tendo cubertas as súas necesidades de abastecemento non é alleo a este problema  que cada vez pode ser mais frecuente (recordemos os graves incendios do 2017 e as súas consecuencias para os nosos veciños e veciñas) e polo tanto considera de sumo interese contar con un documento municipal que sirva como instrumento de cara a tomar medidas para evitar e minorar os períodos de seca e no caso de habelos contar con un protocolo claro de actuación”, indica Pili Peón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial