Preocupación en Silleda por un positivo no servizo de axuda no fogar

0

Silleda, 9 de febreiro do 2021 – A detección dun positivo asintomático no servizo de axuda ao fogar de Silleda causa preocupación entre os usuarios.

O concello de Silleda ten adxudicou no mes de setembro o servizo a unha empresa que foi  na que se detectou este contaxio. Nun comunicado emitido onte desde o goberno municipal explícase o sucedido. En primeiro lugar aclarase que o servizo funcionaba con normalidade e que os traballadores tiñan todo o material de protección necesario.

Un positivo asintomático

O relato dos feitos comezan a semana pasada cando unha traballadora atópase entre os contactos directos dun contaxiado. Nun primeiro momento desde o SERGAS ordease que quede na casa e contacte co medico de cabeceira pero ao día seguinte se lle indica que volver ao traballo xa que o contacto non se producira nas 48 horas anteriores á detección do contaxio.  A empresa de todas formas pídelle que quede na casa ata este luns por seguridade e as súas tarefas son cubertas por outros empregados con total normalidade.

O venres pasado é a propia traballadora quen decide facerse unha PCR para eliminar dudas resultado ser positiva. O comunica ao SERGAS para que se active o rastrexo de contactos e a empresa contacta con todos os usuarios cos que traballara esta persoa, asintomática, para que autoricen a cesión de datos aos rastrexadores.

O resultado é que nas familias usuarias atópanse máis positivos polo que tamén se confina ás traballadoras que cubrirán o posto da contaxiada inicial. Son 4 domicilios que decidiron prescindir polo momento do servizo.

Servizo normalizado

Na actualidade o servizo de axuda a domicilio estase prestando con normalidade. Foi o concello o que decidiu que se seguira como medida de apoio ás persoas usuarias nunha situación tan crítica como o actual.

Tres dos usuarios decidiron renunciar ao servizo de xeito temporal. A renuncia xa se producira co aumento de casos das últimas semanas. Foron decisións voluntarias de casos nos que contan con apoio familiar e decidiron tomar esa medida preventiva.

Desde o concello de Silleda lamentan a situación e esperan a pronta recuperación dos afectados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial