Silleda presentou alegacións aos parques eólicos previstos no Deza

0

Silleda, 4 de maio do 2021 – O Concello de Silleda presentou en días pasados a súa alegación ao estudo de impacto ambiental e á solicitude de autorización previa aos parques eólicos previstos na comarca de Deza.

Silleda basea as alegacións na afección das infraestruturas de evacuación previstas, que pasarían por zonas do termo municipal, así como por Lalín e Vila de Cruces.

No texto, perante a área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, o Concello alerta de que as instalacións vulneran a directiva 92/43 da Unión Europea, relativa á conservación de  hábitats naturais e de fauna e flora silvestres.  O documento presentado tamén recolle que as instalacións eólicas previstas afectarán de xeito severo a hábitats protexidos pola citada directiva europea, e que non consta a súa avaliación por parte das empresas promotoras.

parques eólicosAdvírtese de impactos ambientais severos, con gran afección aos recursos hídricos (en concreto cunha flagrante vulneración da Directiva Marco da Auga) e da ausencia dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a non afección a acuíferos e á calidade das masas de auga. Tamén se fai constar que o agrupamento de parques eólicos nun mesmo espazo multiplicará os efectos negativos sobre aves e quirópteros ao afectar a unha maior superficie do hábitat propicio paa estas especies, cunha perda evidente de biodiversidade.

Ademais das afeccións e o impacto sobre a avifauna, na alegación recóllense tamén os prexuizos significativos para os solos e o medio ambiente. Así, sinalase que proxectos eólicos coma o de Monte Porcallos son incompatibles cos usos e a fertilidade actual dos solos, que se verían alterados polas obras de construcción e instalación dos eólicos perdendo a a súa aptitude agrícola, gandeira e forestal actual de xeito irreversible.

Alúdese tamén en concreto á afección da LAT a Silleda a zonas incluidas na Rede Natura e á afección severa aos núcleos de pobación. Así mesmo, advirtese que non se recolle no proxecto a avaliación do seu impacto sobre as poboacións afectadas nin sobre as zonas de alta aptitude agrícola e gandeira.

A afección severa á paisaxe na comarca de Deza sumase a outras afeccións patrimoniais caso do Camiño de Inverno. Na alegación do Concello de Silleda recóllese que a liña de evacuación prevista no caso do Monte dos Porcallos require cruzar o devandito Camiño de Inverno, para o que se deseñou a liña de evacuación subterránea nese tramo (en  torno a 500  m de liña subterránea), feito que é claramente insuficiente. Advírtese que a visibilidade das liñas de evacuación aéreas, subestacións e aeroxeradores, desde o Camiño de Inverno será constante ao longo dun 3 km de percorrido co cal o impacto paisaxístico xerado polos parques é incompatible cos valores culturais e paisaxísticos a preservar. REcóllese tamén a afección da liña de evacuación a bens culturais de carácter arqueolóxico ou no caso de Silleda ás igrexas de Ansemil, Breixa, Carboeiro, Saídres e Martixe. Tampouco se avalía nos proxectos  a afección ao patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.

Por todo isto, o Concello de Silleda súmase ás peticións para rexeitar os proxectos pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial