Silleda primeiro pobo de Galicia en sumarse á rede “Mi pueblo lee”

0

Silleda, 28 de abril do 2021 –  O Concello de Silleda é o primeiro de Galicia en sumarse á asociación de impulso da lectura no rural “Mi Pueblo lee“.

Trátase dun colectivo, sen ánimo de lucro, que organiza festivais literarios a nivel nacional para fomentar a lectura no rural  así como a colaboración e visibilización dos mesmos. Na iniciativa participan recoñecidas firmas da literatura que terá tamén en conta aos autores e autoras locais.

Coa lectura como gancho, a entrada nesta rede cultural que naceu no ano 2016, permitirá situar a Silleda nun mapa turístico-literario, facendo da literatura un elemento de dinamización do municipio en distintos ámbitos.  

Está previsto que a cita en Silleda se celebre na última fin de semana de outubro (29, 30 e 31), sempre que as circunstancias sanitarias o permitan. A celebración deste festival implicará á comunidade educativa, escritores locais e público en xeral, con distintas actividades durante a fin de semana.

Hai 4 anos a escritora navarra Maribel Medina logo de acudir como convidada a un instituto e ao club de lectura de Puebla de Almoradiel (Toledo) e de coñecer as dificultades para organizar eventos de relevancia en localidades pequenas,  puxo en marcha a iniciativa “Almoradiel lee” o xermolo dun modelo que se está a estender por distintas comunidades de España.

Nomes como Almudena Grandes, Javier Sierra, Rosa Montero, Alberto Vázquez Figueroa, Lorenzo Silva, Juan Gómez-Jurado, Fernando Marías, Cristina Fallarás, Ramón Gener, Nacho Abad, Nieves Abarca… figuran nunha longa lista de autores e autoras colabradoras desta entidade.

“A promoción e dinamización da lectura debe estar presente nas accións que se levan a cabo dende o departamento de Cultura. A idea de organizar un festival destas características en Silleda e de sumarnos a este colectivo con outras entidades locais e asociacións pareceunos moi vantaxosa”, explica a concelleira de Cultura, Mónica González, que avanza que se está a traballar tamén na organización de actividades telemáticas para unha primeira toma de contacto.

Obradoiros de rap e poesía nos centros educativos, encontros con escritoras e escritores, actuacións… mestúranse nunha proposta tamén ca premisa da interxeneracionalidade e que servirá tamén para dar impulso ao turismo cultural, ao estar presente Silleda nas rutas literarias desta asociación a nivel nacional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial