Silleda reclama da Xunta arranxos na estrada a Laro

0

Silleda, 2 de xullo do 2021 – O goberno municipal de Silleda ven de criticar “a desidia” da Xunta de Galicia ante o deficiente estado da estrada autonómica PO-201, que une o concello con Laro.

O vial de Silleda a Laro é un dos máis transitados do municipio. Este tramo de estrada, en especial na primeira parte ata Siador,  presenta numerosas deficiencias que se fan urxentes na zona das Pedrosas e no lugar de O Marco.

Silleda solicitouse en varias ocasións, por escrito e en distintas reunións, o arranxo do vial. O alcalde, Manuel Cuíña, explica que “vimos reclamando dende hai tempo un arranxo en condicións xa que o estado do vial neste primeiro tramo é preocupante e xa non bale con bacheos puntuais como se vén facendo”. Cuiña engade que resulta “asombroso que en lugar de asumir un arranxo en condicións veñan a pintar a liña central da estrada, sen arranxar o firme como é debido”.

O alcalde de Silleda agarda que a Xunta de Galicia, titular desta estrada, acometa “canto antes as reformas necesarias, porque ese vial xa non aguanta máis e é un dos máis transitados con diferencia de todo o termo municipal silledense”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial