Silleda remata cun préstamo do 2012 e comeza unha nova etapa económica

0

Silleda, 10 de maio do 2021 – Silleda cancelou o préstamo solicitado no ano 2012 a conta do Plan de Axudas para pago a provedores impulsado desde o goberno central.

O pasado mércores abonáronse un total de 314.267,80 euros  que restaban dese préstamo, un dos dous que se solicitaron aquel ano e que estaba aínda pendente de pechar. Este plan de axuste supuxo no seu día un préstamo de máis de un millón cen mil euros.

O alcalde, Manuel Cuíña, explica que  “Con esta operación queda rematado o plan de axuste ao que este Concello se viu sometido na última década por mor da mala xestión que deixou unha desfeita na contabilidade con centenares de facturas acumuladas nun caixón”.

Cuíña lembra que a es máis de un millón de euros hai que engadir os pagos que se tiveron que ir realizando por sentenzas xudiciais e que engadían considerables intereses as débedas orixinais.  O alcalde mostraba a sñua satisfacción “por deixar definitivamente atrás unha etapa complicada na que este Concello estivo mesmo a punto a ser intervido polas autoridades estatais pola súa pésima situación económica”.

Fin do control

A solicitude de aquel préstmo levou aparellado ao longo de estes anos un control por parte do Ministerio de Facenda. Ademais de informes anuais sobre o cumprimento do plan, o Concello de Silleda sufría axustes e restricións en distintas áreas municipais para equilibrar a contabilidade municipal. O concello remata co préstamo un ano e medio antes do prazo previsto de decembro do 2022.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial