Silleda restaura os murais da vila

0

Silleda, 23 de setembro do 2021 – O Concello de Silleda está a proceder á restauración dalgúns dos murais pintados no seu día en distintos emprazamentos da vila.

Os traballos foran encargados a Antonio González Abal, artesán local da firma Coas Mans Artesanía, que realizou no seu día estos murais.

Ademais dodedicado á Banda de Música de Silleda, que se atopa na praza da Igrexa, tamén se procederá a restaurar os murais do pan, na praza de Benito Rivas, o das palabras máis fermosas en galego ou o situado no barrio de Outeiro.

Trátase de creacións emblemáticas promovidas no seu día por entidades coma a  Asociación Olaia en colaboración co Concello, Adellís ou a banda, que forman xa parte do imaxinario local e da estética da vila e que logo de varios anos precisan de diferentes arranxos.

A reparación de gretas ou dotación de novos vernices para protexer as pinturas… son algunhas das actuacións que se están xa a levar a cabo.

Tamén se vai a reparar, a cargo de González Abal, o mural co mapa do municipio que estaba instalado na praza Siñor Afranio, e que se recolocará no mesmo emprazamento unha vez rematadas as obras de humanización do tramo da rúa Progreso.

O alcalde, Manuel Cuiña, destaca que estes traballos son hoxe en día un símbolo para Silleda e polo tanto deben de ser tratados para a súa axeitada conservación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial