займ срочно

“A Vila do mañá” converterá a Silleda nunha zona de xogo

0

Silleda, 23 de maio do 2022 – A segunda edición de “A Vila do mañá” converterá a Silleda nunha zona de xogo entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

“A Vila do mañá” é unha aposta lúdico educativa que pasou por distintas cidades galegas e mesmo do Brasil. O obxectivo de estas actividades é recuperar a identidade das novas vilas, convertelas nun lugar de encontro.

O estudo PØSTarquitectos é o creador e impulsor de esta iniciativa que busca que os mozos tomen conciencia, por medio do xogo, da arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.

Os obradoiros contan co apoio da Fundación Roberto Rivas, Apatrigal, ou a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.  Están destinados a nenos e nenas a partir de 5 anos e para a mocidade do termo municipal con distintas actividades coordinadas por monitores.  Hai distintos horarios de mañá e tarde e se desenvolverán pola rúas de silleda.

Sandra González, promotora da iniciativa, explica que “O fin é provocar nos rapaces unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida”. Con “Silleda, a vila do mañá” tomarase a localidade como un taboleiro de xogo e laboratorio  de experimentación, transformando a localidade en algo novo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos.

As actividades estruturaranse a través de seis conceptos fundamentais: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento tridimensional.  Concibir a vila como espazo de xogo, recuperando ideas propostas polo holandés Aldo Van Eyck, e tamén cas premisas e Francesco Tonucci , creador do programa “ A cidade dos nenos”.

Inscricións

As actividades son gratuítas e será preciso formalizar a inscrición no Concello (poderá facerse a partir da vindeira semana). Recolleranse inscricións ata o 17 de xuño. Desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 . As actividades están organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies