Silleda remata o proxecto para crear un viveiro de empresas no Polígono Área 33

0

Silleda, 28 de marzo do 2017 – O Concello de Silleda elaborou xa un proxecto para a dotación dun viveiro de empresas no Parque Empresarial Área 33.

Esta iniciativa concorrerá á liña de subvencións  destinada á creación de viveiros industriais de empresas situadas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os concelleiros de Urbanismo e Obras e Servizos, Klaus Brey, e de Comercio e Industria, Benito Saavedra, mantiveron un encontro co presidente da Asociación de Empresarios de Área 33, Juan Carballo, para presentarlle as liñas básicas do proxecto.

Preveuse a dotación dun edificio na parcela municipal situada xunto á rotonda do parque, que se levantaría, -como xa se avanzou no seu día- integrándose coa actual nave municipal sita nesta parcela. Segundo o proxecto de Silleda a nave estrutúrase en dúas plantas: unha baixa con zonas de servizo común e compartidas, (sala multiusos, administración, aseos, sala de espera…) e unha primeira planta con oficinas, despachos de varios tamaños e outros espazos común.

“Búsacase a construción dunha estrutura modular que permitiría, se fose necesario, ir ampliando o edificio para acoller novos servizos”, indica o concelleiro Klaus Brey.  O orzamento estipulado no proxecto e de 347.895 euros.

De aprobarse a subvención solicitada por Silleda, as obras, tamén con aportación municipal, poderían comezar nun prazo de tres meses, unha vez coñecida a resolución.

“Con esta proposta cumprimos co noso compromiso de crear un edificio destinado a viveiro de empresas e centro empresarial en Área 33”, indica o alcalde de Silleda Manuel Cuiña, que lembra que no orzamento municipal deste ano incluíuse unha partida de 95.000 euros para inversións nesta zona empresarial “na que se está notando un repunte nos últimos meses”, indica.

Pola súa banda o presidente dos empresarios, Juan Carballo, agradeceu ao Concello a iniciativa e agora trasladará ao resto dos membros da entidade o proxecto para o seu análise.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial