Sin sorpresas, María José Pose nova alcaldesa de Santa Comba

0

Santa Comba, 16 de xuño do 2021 – A Moción de Censura de Santa Comba non aportou nada inesperado e María José Pose converteuse na nova alcaldesa de Santa Comba.

É a terceira vez que Pose recolle o bastón de mando. A primeira cando sustituiu a Antonio Landeira no 2014 cando deixou o cargo por motivos persoais, despois  de ser parado nun control da Garda Civil triplicando a tasa de alcohol en sangue. A segunda no 2016 na moción de censura que quitou da alcaldía de Santa Comba a José Antonio Ucha.

O pleno transcorreu sen sorpresas e repertindo os actores os argumentos xa dados. David Barbeira defendendo a súa xestión estes dous anos e denunciando o bloqueo sufrido. José Antonio Ucha culpando da moción a Barbaiera pola súa deslealdade ao no ceder o cargo. Finalmente María José Pose lembrando que son a lista máis votada e argumentando que estes dous anos foran un desastre para Santa Comba.

Quedan sobre a mesa dous flecos que poden mudar algunha cousa en estes dous anos. Primeiro o teórico expediente que o PSdeGA abrirá a José Antonio Ucha e Cristina Fajín por apoiar a moción, Por outra banda a denuncia por presunta prevaricación contra María José que podería, de confirmarse as acusacións, chegar incluso a inhabilitala.

En dous anos novas eleccións pero nin Barbeira, cun Compromiso X Galicia casi desaparecido; nin Ucha, co expediente disciplinario rondando; nin tampouco María José Pose, cunha denuncia no xulgado, poden asegurar si se presentarán ou onde estarán daquela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial