O mantemento do sistema público de pensións nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 16 de novembro do 2020 – Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor titular da USC e Presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas falara hoxe nos Luns do Ateneo da viabilidade do sistema público de pensións.

Esta nova conferencia dos Luns do Ateneo, debido ás restricións sanitarias, realizarase de forma non presencial, podendo asistir por medio da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.com así como das súas redes sociais: Youtube (Ateneo de Santiago), Facebook (Ateneo Santiago) e Twitter (@AteneoSantiago).

Imaxen de Gerd Altmann en Pixabay 

As pensións supoñen un dos principais piares do estado de benestar pero tamén unha das principais preocupacións da sociedade actual pola incerteza en torno a elas. A conferencia analizará as principais cuestións arredor do asunto da man do economista Miguel Ángel Vázquez Taín.

Vázquez Taín é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola UNED, ademais de ter logrado o seu doutoramento en Economía na USC.

Actualmente Taín é Profesor Titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais na USC e Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. É tamén presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas e decano-presidente do Colexio de Economistas de A Coruña dende o ano 2013.

Para o coloquio posterior, habitual nas actividades do Ateneo, o público poderá enviar as súas preguntas en mensaxes de voz de whatsapp ao número 622 274 110 co fin de seren reproducidas en directo.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial