Rafa Sisto racha o acordo de goberno en Teo e cesa aos concelleiros socialistas

0

Teo, 5 de outubro do 2021 – O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo) racha o pacto de goberno que mantiña desde as eleccións do 2019 e cesa aos concelleiros socialistas.

O acordo de goberno foi unha continuidade do acadado no 2015 aínda que a diferencia de apoios de Son de Teo e PSdeG era de tan só de 300 votos a favor do grupo de Sisto.

Rafa Sisto, alcalde de Teo

Rafa Sisto explica que o pacto de goberno non podía ir máis alá e que esta decisión podíase ter producido hai dous meses

O alcalde explica que non hai un detonante concreto, que unha serie de actitudes e comportamentos que o levaron mesmo a enfrontarse ao seu grupo para manter o goberno, pero que chega un momento no que non hai argumentos para seguir

Sobre si se buscaran acordos co BNG, Rafa Sisto asegura que agotarán a súa capacidade negociadora pero que se trata dunha decisión que terá que tomar o Bloque e lembra que sempre tiveron a posibilidade de entrar no goberno

Resposta socialista

Uxía Lemus, voceira socialista, di que a única razón que se lles deu foi unha falta de confianza pero que ao longo do día están escoitando outros argumentos así que asume, di, que os deben de ir fabricando

De esquerda a dereita, José Manuel Elías, Uxía Lemus, Mayte Argibay e Roberto Moniño

Lemus recoñece que tiña unha gran confianza no alcalde que Sisto rachou de xeito unilateral pero defende o traballo realizado e asegura que seguiran colaborando desde a oposición

A Canteira

Un tema que preocupa a boa parte da veciñanza é a canteira da Casalonga. En esta cuestión tanto Rafa Sisto como Uxía Lemus parecen ter claro que a unidade é prioritaria e ambos os dous entenden que non debe cambiar nada.

O alcalde Rafa Sisto entende que a posición seguirá sendo a mesma

O mesmo sucede desde as filas socialistas. Uxía Lemus dí que mentres se siga na liña acordada a unidade manterase e engade que quen a racha é o Partido Popular

Cambio de escenario

Ambos os dous líderes consideran que hai un cambio de escenario polo que o que suceda está aínda por definir. O Partido Popular emitiu un comunicado no que pide que se lles deixe gobernar por ser a lista máis votada. O BNG pola súa banda terá unha asemblea local na que valorará o novo escenario.

Hoxe o Secretario Xeral dos socialistas, Gonzalo caballero, estará as doce ás portas do concello para facer unha valoración da situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial