O Pino, 18 de marzo do 2019 – O PSOE de O Pino, atendendo a varias demandas da veciñanza, solicitará na vindeira sesión plenaria que se dote a pista de Pádel de Arca dunha cuberta.
A pista de Pádel de Arca está situada no lugar do Lameiro, xusto ao lado do pavillón e a piscina municipal. É unha instalación de recente creación, pero o estar o aire libre a climatoloxía impide que se poida usar a diario, sobre todo, nos días de choiva, e incluso no verán con alta incidencia do sol, dadas as características deste deporte. Estes problemas foron transmitidos polos veciños e afectados ao concelleiro socialista, Óscar Vilar, engadindo que vense obrigados a desprazarse a concellos limítrofes para adestrar e xogar .
Obra asumible de pouco custo
Vilar, unha vez estudada a proposta, considera a obra asumible e de pouco custo, manifesta que, “dotar a instalación dunha cuberta consigue tres obxectivos; mellórase a calidade dos servizos para os veciños/as, axuda a que a propia pista non se deteriore polo paso do tempo, é, tamén, que a nosa veciñanza non teña que desprazarse para practicar deporte”.
Por todo iso, espera que iniciativa, vía moción, conte co apoio de todos os grupos, e que a pista, nun breve período de tempo, estea cuberta.