Piden unha solución para os conductores desempregados polo cambio de liña no autobús do aeroporto

0

Compostela, 19 de xaneiro do 2021 – Compostela Aberta pide solucións para o persoal que quedou sen traballo despois de que o Concello asumira o servizo de autobús ao aeroporto.

O concelleiro de Compostela Aberta, Jorge Duarte, defenderá novindeiro pleno unha proposición na que se defende a subrogación destes empregados.

Desempregados e sen dereito a paro

Duarte explica a surrealista situación na que se atopan “viven nun auténtico limbo porque nin foron despedidos pola empresa que cubría a ruta cando era competencia autonómica, nin foron contratados pola empresa actual, de xeito que non están cobrando unha nómina pero tampouco poden pedir o subsidio por desemprego porque os seus despedimentos non foron oficializados”.

O edil de CA incidiu en que “a situación na que se atopan estes traballadores é consecuencia directa do atraso do Goberno na licitación do servizo de transporte público”. Na proposición que será debatida no Pleno, Compostela Aberta pide que na próxima licitación do transporte urbano se incorpore a obrigatoriedade de subrogación de todo o persoal básico da liña de autobús ao aeroporto, actualmente incorporada á liña 6.

Tamén se insta ao Goberno local que medie coa anterior concesionaria da ruta, a empresa Freire, e coa actual, Tralusa, para que se aprobe un Laudo arbitral no Consello Galego de Relacións Laborais para que a anterior subrogación sexa de obrigado cumprimento; así como para solucionar a situación dos oito conductores que quedaron na rúa o pasado 23 de decembro.

Pasividade do Goberno local

O concelleiro de Compostela Aberta explicou que durante o pasado mandato o Concello chegou a un acordo coa Xunta para asumir as liñas de transporte dependentes da administración autonómica que tiveran orixe e destino dentro do termo municipal de Santiago.

Jorge Duarte lembrou que a previsión era que esa transición se completaría a finais de 2020, como así aconteceu. De feito, apuntou o edil, “a Xunta confirmoulle ao Concello no pasado mes de setembro que a transición se faría o 23 de decembro, e neses máis de tres meses o Goberno de Bugallo non se preocupou en estudar distintas opcións, como podería ser negociar a continuidade do servizo, como fixo coas outras liñas autonómicas; ditar unha orde de continuidade á empresa Freire; ou negociar con Tralusa que incorporara aos traballadores desde que empezou a xestionar a liña”.

Para Jorge Duarte, “non é entendible que o Goberno se limitara a acordar que a actual concesionaria do transporte urbano, Tralusa, prestara o servizo da liña ao aeroporto integrándoo no percorrido da liña 6 que comunica San Marcos cos Tilos; sen preocuparse en ningún momento polo futuro do persoal que atendía a ruta coa concesionaria Freire”.

O resultado, engadiu, é que “este persoal leva desde o 23 de decembro na rúa, sen poder solicitar o subsidio por desemprego porque os seus despidos non foron oficializados por Freire, que lles comunicou que serían subrogados por Tralusa, algo que finalmente non aconteceu”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial