Son de Rois e non calo

0

Rois, 24 de novembro do 2021 – Son de Rois e non calo será un ano máis do concello para este 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Son de Rois e non calo é a entrada a unha serie de actuacións para visibilizar o compromiso do concello  coa erradicación da violencia machista. O segundo obxectivo é lanzar a mensaxe de tolerancia cero con este tipo de comportamentos.

Tinguir de morado a casa consistorial, a publicación dun vídeo institucional instando á veciñanza a apoiar as vítimas da violencia de xénero e o reparto de marcapáxinas son algunhas das propostas que Rois desenvolve.

Os roisenses Bárbara Bustelo, Romi Gómez, Sonia Ares, Marcos Freire, Vanesa García, Luis Gil, Vanesa Verduga, Daniel Bustelo, Vanesa Reboredo, Antía Feáns e Marta Blanco protagonizan o vídeo que, co gallo do 25N, pode verse dende na canle de Youtube do Concello de Rois. O audiovisual manda unha mensaxe ás vítimas animándoas a denunciar ao seu agresor e lembrándolle que non están soas.

A campaña de apoio ás vítimas e de sensibilización refórzase dende coa iluminación de morado da casa consistorial. Doutra banda, o propio 25N, xoves, o Concello repartirá 800 marcapáxinas coa lenda ‘Son de Rois e non calo’ entre alumnado e persoal docente dos centros educativos roisenses, así como entre todas as veciñas e veciños que acudan ás oficinas munipais e ao Multiúsos.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial