Bisbarra, 21 de xaneiro do 2021 – Como un anticipo do que será o entroido 2021 os Xenerais do Ulla anuncian a suspensión da programación presencial.
Dende os 8 concellos para a promoción conxunta do Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla explican que a decisión está provocada pola actual situación sanitaria.
Unha das citas que este ano non se poderán vivir
Os Xenerais da Ulla adoptan esta medida ante a imposibilidade de desenvolver estes entroidos no seu formato habitual. Ao tempo, engaden, “é un acto de responsabilidade priorizando a saúde e seguridade de todas as persoas”.
Si se desenvolverán diversas actividades virtuais e en pequeno formato coa finalidade de manter vivo o espírito do entroido da Ulla. Para saber máis, e estar ao tanto da programación que se vaia perfilando, usarase a web www.xeneraisdaulla.gal e as súas redes sociais.
Os concellos e lugares que anuncian esta suspensión son os seguintes
A Estrada: Santa Cristina de Vea, Entroido Municipal, Arnois, Santeles.
Boqueixón: Sergude, Lestedo.
Santiago de Compostela: Castiñeiriño, Marrozos, Angrois, O Eixo, Aríns.
Silleda: Lamela, Bandeira.
Teo: Rarís, Reis, Santa María de Teo, Cacheiras, Oza, Recesende.
Touro: Bama, Fao, Feira do 5.
Vedra: Vilanova, Trobe, San Xián de Sales.
Vila de Cruces: Merza, Piloño, Salgueiros.