Oroso, 6 de abril do 2021 – O concello de Oroso traballa na limpeza e desbroce da senda que une a ponte de Sigüeiro con Porto Avieira.
A sena discorre ao carón do río Tambre desde Sigüeiro sendo unha vía moi transitada polos peóns. Os traballos forman parte dos plans para potenciar as zonas máis turísticas do concello de cara a primaveira e o verán.
A senda pasa polo Refuxio de Sigüeiro e pola área de A Penateixa, dous dos enclaves naturais máis destacados do concello. O mantemento das zonas máis paixasísticas do concello é unha das prioridades de Oroso. Esta senda recibiu o ano pasado unha renovación total polo que agora presenta un bo aspecto que se quere manter en bo estado a disposición de veciños e visitantes.