Teatro e música no Outono Cultural da Baña

0

A Baña, 8 de setembro do 2021 – O concello da Baña ven de presentar a programación do Outono Cultural que achegarña distintas actuacións cada venres.

Serán dezaseis funcións destinadas a un público familiar. O Outono Cultural fixa as citas os venres as seis da tarde, desde este 10 de setembro ata o 17 de decembro.

Pañolas será unha das actuacións do Outono Cultural

Barafunda, Pakolas ou Fran Rei, entre moitos outros, actuarán no no local social de San Vicenzo, que contará con todas as medidas de seguridade ditaminadas polas autoridades sanitarias.

Música

O concello da Baña engade ao Outono unha serie de actuacións musicais para amenizar as festas parroquiais. Esta programación ábrese hoxe cos Campantes da Baña na igrexa do Castro, coincidindo coas festas de San Vicenzo.

O 15 de setembro a alborada de Xiradela estará en San Cibrán de Barcala. A estes eventos festivos súmase a I Romaría Xacobea, que se celebrará no Seilán o domingo 26 de setembro entre as once da mañá e as oito da tarde.

Programación  Outono Cultural 2021

A programación bota a andar este venres con Fran Rei, que ofrecerá a partir das seis da tarde Historia de Brancaflor, unha montaxe que combina a narración con xogos de maxia.

O 17 de setembro Bandullo Azul presentará Filipa cos contos, un espectáculo con narración e monicreques.

O circo de rúa aderezado con moito humor chegará da man de Kote Malabar e o seu Cirkote o 24 de setembro.

Xa en outubro, abrirá o mes Barafunda coa montaxe O censor dos monstros. Unha semana despois, o día 8, Tarabelos sorprenderá ao público cun espectáculo de contacontos debuxado ao 100% que leva por título Debulendo lendas.

Os Versos para perder medos de María Canosa serán de moita utilidade para combater aquilo que asusta aos máis pequenos e pequenas; o venres 15 de outubro. Xa co Samaín no horizonte, o día 22, Sonsoles Penadique presentará Historias con susto para durmir a gusto. E pechará o mes de outubro Brais das Hortas cun Conssertasso na horta para público infantil.

En novembro están previstas as actuacións de Pedro Brandariz, con Heroes e heroas, o día 5; Pakolas, con Rockeamos todas con Pakolas o día 12; Moco Moc, con Circo na casa, o día 19; e Tarabela Creativa, con Divas de diván, o día 26. Fran Rei actuará de novo na Baña o 3 de decembro, desta volta co Conto da Barriga Verde. Completan as funcións de decembro Raquel Queizás, con Nano canta croac, o día 10; a maxia de Dani Polo o 12 de decembro ás 12 do mediodía e a visita da Apalpadora, con Iseo A Moura, o día 17.

Todas as funcións están dirixidas a público familiar e comezan ás seis da tarde, agás a actuación de Dani Polo prevista para o 12 de decembro ás 12 do mediodía.

O Outono Cultural 2021 está organizado polo Concello da Baña a través do Servizo de Normalización Lingüística e conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial