Teo alerta sobre os eólicos no monte Piquiño

0

Teo, 6 de setembro do 2021 – O concello de Teo ve tamén como os proxectos eólicos ameazan o patrimonio rupestre da contorna do monte Piquiño.

O alcalde, Rafael Sisto, convocaba a pasada semana á Xunta de portavoces na que están representados todos os grupos políticos da corporación. Sobre a mesa a tramitación dun parque eólico no Piquiño. Esta reunion chega despois doutra solicitada pola empresa Capital Energy que informou ao rexedor do proxecto.

O certo é que non hai unha comunicación oficial de ningunha administración. Rafael Sisto explicou aos portavoces que “Tivemos unha xuntanza na que se intercambiou a pouca información coa que contamos neste momento e quedamos en manternos alerta diante desta posible actuación empresarial nunha zona dunha gran riqueza para o Concello dende o punto de vista do patrimonio arqueolóxico”.

O alcalde agradece ademais o clima de colaboración que se deu entre as persoas presentes, Manuel Barreiro, do BNG, Uxía Lemus, do PSdG-PSOE, José Manuel Guerra, do PP e Iria Otero, de SondeTeo.

Preocupación no colectivo A Rula

O espazo natural do Monte Piquiño xa se viu ameazado no 2012 polo plan eólico da Xunta que tiña previsto un parque nesa zona. Finalmente nese momento quedou paralizado administrativamente polas reclamacións xudiciais presentadas contra o plan autonómico.

O colectivo A Rula, un dos principais defensores de este patrimonio e colaborador do proxecto Compostela Rupestre, mostraba a súa preocupación nas redes sociais “queremos mostrar a nosa enorme preocupación pola pretensión da empresa Capital Energy de construír un parque eólico no Monte Piquiño coa evidente afectación á area arqueolóxica máis relevante da comarca de Compostela”

A Rula explicaba ademais que esa relevancia ven dada pola “grande densidade de xacementos arqueolóxicos que se concentran nestes outeiros e penichairas situadas entre as parroquias teenses de Luou, Rarís e Lampai”.

O Piquiño forma parte principal do futuro parque Compostela Rupestre con máis de 30 mámoas, 10 estacións de arte rupestre da Idade do Bronce e referencias de dous círculos líticos, polo que a presenza de aeroeradores aletaría gravemente a paisaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial