Teo complementará o comedor dos Tilos se fose preciso

0

Teo, 23 de xullo do 2021 – O concello de Teo artellara un servizo de espera, sen comida, si existe un desfase entre prazas e solicitudes no comedor dos Tilos.

O concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, lanzou unha mensaxe de tranquilidade ás familias usuarios do futuro comedor dos Tilos. Iglesias dixo que “se hai un desfase entre o número de persoas solicitantes e o número de prazas ofertadas, que a licitación que está realizando a Xunta establece en 80 menús, dende o Concello artellarase un sistema de espera de 2 a 3 da tarde, sen servizo de comida”.

No curso pasado, diante da problemática xurdida nos Tilos, o Concello xa puxo en marcha un servizo de conciliación chamado Teo coida que atendía aos escolares que non podían ser recollidos polas familias xusto no horario de saída.

A maiores deso, unha vez que a Xunta asumiu as súas competencias e confirmou que dende este curso xestionaría o comedor, tamén se deu un servizo puntual de comidas aos nenos/as usuarios/as do Teo Coida nos últimos meses do curso escolar. 

Ignacio Iglesias explica que “a problemática coa que nos atopamos neste centro escolar de Teo non se da nos outros CEIPs que si poden asumir a demanda de usuarios de comedor, polo que a Xunta tería que ver se está atendendo esta necesidade dun xeito efectivo e se ten que ampliar o espazo de comedor para poder facelo”.

Namentres a Xunta non xestione isto atendendo as necesidades da comunidade educativa dende o Concello garántese un servizo de conciliación para as familias e que as crianzas non queden desatendidas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial