Teo comunícalle a Toysal o cese da actividade na canteira

0

Teo, 15 de setembro do 2021 – O conflito da canteira da Casalonga da un novo xiro de guión coa resolución do concello que comunica a Toysal o cese da actividade.

O acordo, que xa foi comunicado a Toysal e sera explicado no vindeiro pleno ordinario, obriga á reposición da legalidade. A resolución prodúcese ao non ter a instalacións as condicións esixidas na licencia outorgada en 1978.

Situación da antiga canteira na CasalongaIncumprimento da licenza de explotación

Toysal ampara todo o seu proxecto na licenza concedida en 1978. O documento permitía a instalación dunha canteira, planta de trituración, clasificación e ensilado, e planta de formigón. O permiso, outorgado pola Comisión Provincial de Servicios Técnicos,  obrigaba a unha serie de condicións concretas ao considerarse unha actividade “molesta, insalubre e perigosa”.

Nas inspeccións levadas a cabo por técnicos e policía municipal detectouse que non se cumprían condicións como a non existencia dunha “edificación na que se realice o machaqueo de maneira cuberta e pechada, dunha instalación de rega contínuo e automático

con atomización de auga sobre a planta de maquinaria, non existe construción dun muro de contención das areas depositadas…”

A maiores disto o proxecto achegado no seu día, , engade a resolución,  “en ningún caso supón un documento técnico completo, todo iso sen entrar en maiores concrecións sobre incumprimentos dalexislación sectorial vixente”.

Prazo de 15 días para alegar

Todas as condicións explicitadas na resolución son necesarias para o mantemento da concesión. Con este argumento o concello comunica a Toysal o “cese inmediato da actividade de apertura dunha canteira, planta de trituración e ensilado, situada na Casalonga, sen o correspondente título habilitante”. O concello incoa ademais un expediente de reposición da legalidade urbanística concedendo un prazo de quince días á empresa para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos.

 

O documento completo pode verse no seguinte enlace

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial