Teo debatirá no pleno unha moción para a eliminación da superstición como criterio técnico

0

Teo, 24 de novembro do 2021 – O grupo de goberno de Teo leva a pleno unha moción para a eliminación da superstición como criterio técnico.

A moción nace na nova estación de autobuses de Compostela que non ten dársena núnero 13. Aplicar a supersticición que levou a pasar na rotulación do 12 ao 14 foi decidida pola dirección de obra, según Son de Teo.

Son de Teo denuncia que esta decisión foi “avalada ou consentida pola administración responsable da obra, acontece en pleno século XXI e enche de vergoña a unha boa parte da cidadanía”.

Resulta inaudito, explican, que as administracións responsables do sistema educativo, baseado en criterios racionais e científicos “acepten e manteñan a superstición como criterio técnico asumindo sen pestanexar decisións contrarias a calquera pensamento científico”.

Son de Teo engade que o que pode parecer anecdótico e parte dos prexuízos que “non hai tanto tempo deron lugar á discriminación social, ao repudio, e mesmo á tortura e o asasinato de persoas por motivos que teñen a súa base, exclusivamente, na superstición”.

O grupo de goberno teense lembra considera que “esta nova decisión, sustentada na ignorancia científica ou na militancia negacionista, supón unha falta de respecto a todas as persoas asasinadas en base a ese integrismo irracional”.

A moción reclama da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, responsable da licitación da Terminal de Autobuses de Santiago de Compostela “a inmediata recuperación do número 13 na sinalización das dársenas” e solicita “da mencionada Consellería que, no futuro, se absteña de utilizar a superstición como criterio técnico e a elimine de calquera valoración ou decisión”.

Triscaidecafobia?

A triscaidecafobia, término que provén do grego, é un medo irracional ao número trece. Está considerado unha superstición pero aínda así danse casos curiosos. A compañía Iberia non ten por exemplo ea fila de asentos, e cidades como Sacramento en California sáltanse ese número nas súas avenidas. Agora a estación de autobuses de Compostela súmase a estas curiosidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial