Teo, 19 de febreiro do 2021 – O concello de Teo e a asociación BolboreTea organizan unha campaña en torno ao síndrome de Aperger que se conmemorou este xoves día 18.
A través da campaña Teo pensa en azul, quérese sensibilizar desta realidade á poboación xeral e especialmente aos sectores que integran a comunidade educativa.
A concelleira de Educación de Teo, Mayte Argibay, explica que “estamos seguros de que coa colaboración de todos acadaremos unha maior integración das persoas con síndorme de Asperger”. A inicitiva terá continuidade durante o ano con outras actividades relacionadas con este mesmo tema.
Ademais de aproveitar esta data para difundir e falar dunha problemática coa que se atopan moitas familias, dende a Concellaría vaise realizar un reparto de libros sobre este tema dirixidos ás bibliotecas municipais e aos centros escolares. Trátase de facilitar o acceso á información sobre esta realidade para aquelas persoas que o precisen por razóns persoais ou profesionais.
Está previsto tamén que durante o 2021 se poidan organizar charlas e mesas redondas nas que poidamos contar con expertos nesta materia que axuden a que a sociedade teña unha maior coñecemento deste síndrome e, deste xeito, acadar unha maior sensibilidade coas persoas que o padecen. O Síndrome de Asperger forma parte dos Trastornos do Espectro Autista (TEA).