Teo en Negro contra a violencia

0

Teo, 16 de novembro do 2021 – O concello de Teo retoma a campaña En negro contra a violencia para conmemorar o vindeiro 25N.

Teo lembrará o día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con distintas actividades que buscan sensibilizar contra esta lacra.

O vindeiro domingo , día 21, será a primeira cita coa obra de teatro Crónica dunha heterosexual insatisfeita, as sete da tarde no Auditorio Municipal Constate Liste. Trátase dunha comedia que convida a reflexionar sobre normas ou parámetros que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver cun mesmo. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer.

A actividade é de balde pero para asistir hai que chamar ao 981975626 ou mandar un correo-e a cim@teo.gal.

O 24 de novembro farase un Obradoiro sobre desigualdades e violencia de xénero na Biblioteca dos Tilos á 17:00 horas. Esta actividade está dirixida a quen queira coñecer máis sobre esas desigualdades que en ocasións normalizamos. Para poder detectalas e combatilas é preciso este tipo de charlas e formación. Para participar hai que inscribirse no teléfono 881.975.626 ou escribindo a cim@teo.gal.

O 25 N haberá no propio edificio do Concello unha lectura de poemas e o manifesto institucional. Será ás 12:00 horas e está aberto a calquera persoa. Non é preciso anotarse.

Dende o Centro de Información á Muller (CIM) tamén se traballará durante estas últimas semanas de novembro en actividades de sensibilización nos centros educativos de Teo.

O cartel péchase o mércores 1 de decembro cun encontro-debate co título “Hai saída grazas a ti” coa Asociacióin Valentes de Teo.

O Concello conta cun CIM ubicado no edificio do Auditorio Municipal da Ramallosa, no primeiro andar. O teléfono de contacto é o 981.938.475 e o correo-e cim@teo.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial