Teo fará videoconferencias cos Reis Magos

0

Teo, 3 de decembro do 2020 – Chega o Nadal e todos os concellos buscan o xeito de adaptar a comunicación cos reis Magos para que os cativos poidan facer as súas peticións.

En Teo decidiron que o mellor xeito de garantir a seguridade dos Reis Magos e dos cativos e facer videoconferencias con Oriente. O concello organizara ademais unha serie de actividades para que o Nadal chegue a todo o municipio.

Buzón Real

De todos xeitos non todos poderán falar cos Reis e polo tanto o concello habilitará un Recuncho de Nadal Cultural no exterior do Auditorio Constante Liste. Alí estará situado o Buzón Real que ademais terá sorpresa xa que tomarase nota das cartas para enviar e entre elas sortearase o 3 de xaneiro 3 lotes de xoguetes educativos.

Videoconferencia cos Reis Magos

Desde o vindeiro sábado os cativos de Teo poderán solicitar unha das 550 videoconferencias que os Reis Magos reservaron para o concello.

Para anotarse os pais entrarán en teo.gal e escollerán a hora e día da videochamada que será entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro. Os Reis atenderán as solicitudes por orde de entrada.

Mais programación

Teo terá ademais concertos, teatro, contacontos, maxia, e programación en liña cunha homenaxe ao último CantaTeo xa que este ano non poderá realizarse fisicamente. Neste participaron o Coro de San Miguel de Raríz, a Coral da Asociación Cruceiro do Monte, a Coral San Simón de Cacheiras, a Coral Polifónica da Sociedade Recreativa de Calo, a Coral Polifónica da Mámoa de Luou, así como o xa non existente Grupo de Canto Aleceia dos Tilos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial