Teo homenaxea a Ánxel Casal e recorda a Avelino Pousa Antelo

0

Teo, 19 de agosto do 2021 – O concello de Teo lembra esta tarde a Avelino Pousa Antelo na homenaxe anual a Anxel Casal.

Os actos celebraránse ás 20.00 horas na Estivada da Ribeira en Cacheiras.Posteriormente realizarase unha ofrenda floral no monólito de Ánxel Casal, situado neste mesmo emprazamento.

No acto, conducido pola concelleira de Cultura de Teo, Mayte Argibay, participarán representantes políticas dos concellos de Arzúa, Santiago de Compostela e Teo. Así mesmo, falarán membros da Asociación A Oliveira, precursora desta homenaxe  e a veciña teense Uxía Dono Liste.

Realizará o acompañamento musical a este acto os grupos teenses Aldomir e Suasebe da A.C. A Mámoa de Luou.

Con esta serie de actos o Concello de Teo e a Asociación A Oliveira tratan de manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o  último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu  ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe un monólito lembra a súa memoria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial