Teo informa en contra da planta de reciclaxe e agarda o arquivo do expediente

0

Teo, 5 de setembro do 2018 – O concello de Teo emitiu un informe de incompatibilidade urbanística para o proxecto de planta de reciclaxe de residuos que a empresa Toysal pretende establecer na parroquia de Calo.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, informaron desto en rolda de prensa da resolución que foi xa remitido á Dirección Xeral de Calidade Ambiental. O informe considera que a planta non é compatible co Plan Xeral de Ordenación Municipal ni co resto da normativa urbanística do concello.

A emisión do informe supón, según o equipo de goberno de Teo, a obriga da Xunta de arquivar de inmediato o procedemento e tódalas actuacións abertas dando por finalizada a tramitación. Para os responsables municipais a prioridade a partir de este momento será conseguir un cambio lexislativo que evite este tipo de instalacións en zonas residenciais.

O alcalde Rafa Sisto era moi claro cando explicaba que se trataba dunha batalla a longo prazo e que isto non paraba nada

Tanto Sisto como Uxía Lemus coincidiron en que si a Xunta de Galicia non leva ao parlamento o cambio lexislativo pedirán a dimisión da deputada popular Paula Prado, veciña da zona, e que se comprometeu a impulsalo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial