Teo levará ao xulgado á Xunta pola aprobación do Plan de Restauración

0

Teo, 24 de agosto do 2021 – O concello de Teo aférrase á vía xudicial para evitar o Plan de Restauración aprobado pola Xunta de Galicia.

Era unha nova esperada xa que a resolución autonómica deixaba só, para evitar Plan de Restauración, o recurso de reposición e o contencioso administrativo. Toda vez que o de reposición non ten visos de prosperar os xulgados é a única alternativa.

Críticas á resolución

Desde o goberno municipal explícase que se está preparando a reclamación xudicial tanto polo Plan de Restauración como pola expropiación da estrada que bordea a canteira.

Destácase que “a Xunta actúa en favor dos intereseses empresariais cunha folla de ruta e tempos marcados, tentando menosprezar ás partes implicadas neste procedemento, administración local e veciñanza. Isto xa sorprende pouco e só nos reafirma na necesidade de manternos firmes na loita contra os atropelos”.

Según o concello “a pretensión da Xunta de converter a vía municipal nun viario privado que pretende expropiar a favor de Toysal ten a intención de facilitar que a empresa poida actuar con máis impunidade. O feito de que exista un viario municipal nesa zona en ningún caso impide a actividade mineira mais o feito de tentar eliminalo facilita que a actividade que se vai realizar alí teña menos control externo”.

O Concello segue defendendo que ese camiño se lle outorgou a través da concentración parcelaria. Ademais “exerceu como titular desa vía realizando traballos de mantemento e defenderá esto nos tribunais para impedir a súa expropiación”.

Por outra banda a aprobación do Plan de restauración “é unha nova burla xa que non se trata dun novo documento coa conseguinte Declaración de Impacto Ambiental se non que se fai unha actualización do plan de restauración da anterior concesionaria da explotación, un documento de hai case vinte anos que claramente non atende á situación presente e ás condicións actuais da zona”.

Dende a administración local defendeuse sempre que un Plan de restauración de Toysal se debe tramitar cunha Declaración de Impacto Ambiental, algo do que a empresa escapa e “para o que conta coa complicidade imprescindible da Xunta de Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial