“XII Concurso de Música Tradicional” da A.C. A Mámoa de Luou

0

Teo. 11 de novembro do 2021 – A Asociación Cultural A Mámoa de Luou organiza o “XII Concurso de Música Tradicional” para cuartetos e dúos.

A Mámoa cambia o formato para intentar acadar unha maior participación. A data na que terá lugar o evento será o vindeiro 20 de Novembro de 2021 no Edificio Social de Luou.

Pola mañá terá lugar o Concurso de Cuartetos Tradicionais e pola tarde Concurso de Dúos de Gaita e Tambor. Como nas anteriores edicións os grupos participantes escóllense por rigorosa orde de inscrición, sendo 15 o número máximo de participantes en cada modalidade.

Na web da Asociación A Mámoa atópase toda a información precisa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial