Teo, 25 de outubro do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de residuos denunciará a Augas de Galicia por permitir o baleirado da lagoa, cun informe feito hai unha década cando nin existía, e convoca unha manifestación para o próximo domingo.
A plataforma ven de publicar ademais un vídeo nas redes sociais no que mostra como os traballos continúan na canteira da Casalonga pese a estar pendente una petición de suspensión da actividade.
O colectivo veciñal insistira nos últimos meses que a lagoa era a mostra da restauración do espazo da canteira xa que acollía unha biodiversidade única na contorna (falcón peregrino, fochas de auga, patos de distintas especies…). Os traballos que se realizan e o baleirado acabaran con esta riqueza medio ambiental co fin, según a Plataforma, de encher o oco con residuos de todo tipo.
Casalonga Limpa de residuos convoca unha mobilización veciñal este domingo 27. A saída está prevista para as 11h na entrada da pista da canteira na Casalonga, a continuación percorrerá esa rúa ata chegar ao pé da explotación onde se lerá un comunicado.
A Plataforma considera que a autorización do baleirado e a permisividade da Dirección Xeral de Minas co paso de maquinaria pesada, pese a exceder o límite de tonelaxe e incumprir por tanto as normas de seguridade, son razóns suficientes para a convocatoria de este domingo.